1 de abr. de 2013

Coñecendo a Ángel Carracedo

(1º e 2º da ESO)

Ángel Carracedo é considerado na actualidade o científico galego máis importante. Dirixe un grupo de investigación en Xenética de grande prestixio internacional. As súas investigacións e descubrimentos teñen destacadas aplicacións na Medicina, sobre todo no tratamento de enfermidades hereditarias. Trátase, ademais, dunha persoa cercana e moi implicada á hora de dar a coñecer os secretos do mundo da Ciencia que el máis domina, xa sexa en congresos especializados ou nun centro educativo de secundaria. Nesta entrevista concedida ao programa Galicia por Diante da Radio Galega, o profesor Carracedo insiste na importancia de acceder ao coñecemento do noso entorno, sobre todo nos primeiros anos da ESO, estimular a curiosidade, facerse preguntas e buscar respostas do mundo que nos rodea. A entrevista encóntrase entre os minutos 20 e 40 deste corte:


 

Exercicio 1º da ESO: Recolle citas achegadas por Ángel Carracedo durante a entrevista.

Exemplo: Do que máis orgulloso me sinto é de ter formado un grupo de xente boísima

Exercicio 2º da ESO: Recolle datos sobre a vida profesional e persoal de Ángel Carracedo, achegadas polo xornalista ou polo propio científico.

Exemplo: AC colaborou na identificación de víctimas du tsunami do 2004

36 comentarios:

  1. AC é profesor da Universidade de Santiago de Medicina Legal

    ResponderEliminar
  2. AC dá conferencias en Institutos

    ResponderEliminar
  3. AC estivo recentemente nos institutos de Boiro e Mazaricos

    ResponderEliminar
  4. A Xenética é un libro con millóns de letras

    ResponderEliminar
  5. Os comportamentos delictivos non teñen que ver cos xenes

    ResponderEliminar
  6. É vital o estímulo da curiosidade científica nas novas xeracións

    ResponderEliminar
  7. Mario Castro 2ºeso2 de abr. de 2013, 09:10:00

    AC é un pioneiro na investigación xenética

    ResponderEliminar
  8. AC é experto en xenética forense

    ResponderEliminar
  9. AC reta a varias enfermidades xenéticas: cancro, diábete,...

    ResponderEliminar
  10. AC introduciu novas tecnoloxías aplicadas á xenética.

    ResponderEliminar
  11. AC quere buscar o compoñente xenético de varias enfermidades graves.

    ResponderEliminar
  12. AC é de Santa Comba

    ResponderEliminar
  13. AC compara a xenética cos libros

    ResponderEliminar
  14. Problema Etico: Probas de Paternidade sen coñecemento das nais.

    ResponderEliminar
  15. Adrián V. 2º eso2 de abr. de 2013, 09:17:00

    Problemas Éticos: Escoller a cor dos ollos dos fillos.

    ResponderEliminar
  16. AC viaxa todas as semanas fóra de España.

    ResponderEliminar
  17. AC colaborou no caso Bretón

    ResponderEliminar
  18. As enfermidades psiquiatricas están estigmatizadas.

    ResponderEliminar
  19. "Os rapaces de 10 anos están sempre preguntando e os de 16 non"

    ResponderEliminar
  20. "Os rapaces británicos de 16 anos nunha conferencia teñen todo o tempo a man levantada"

    ResponderEliminar
  21. O mundo da ciencia transpasa moitas fronteiras.

    ResponderEliminar
  22. "Os xenes dos británicos son cagadiños os nosos"

    ResponderEliminar
  23. "Estase máis preto dos tratamentos para curar as enfermidades que antes eran incurables"

    ResponderEliminar
  24. Rocío Perez 1º eso2 de abr. de 2013, 10:02:00

    "Gústame apoiar aos mestres de Galicia, porque o importante son as xeracións que veñen, por iso fago isto"

    ResponderEliminar
  25. "A Xenética é unha cousa bonita e fácil de entender"

    ResponderEliminar
  26. Rocio Ballesteros 1º eso2 de abr. de 2013, 10:06:00

    "Non me parece ben poder seleccionar a cor dos ollos dun neno"

    ResponderEliminar
  27. "Para Ángel a Ciencia é un reto"

    ResponderEliminar
  28. Meritxell (1º ESO)2 de abr. de 2013, 10:07:00

    "A delincuencia non está nos xenes"

    ResponderEliminar
  29. "Todo o mundo ten dereito a diagnósticos prenatais".

    ResponderEliminar
  30. "[A competencia dixital] non ten que ver coa Xenética"

    ResponderEliminar
  31. A min non me gusta que os pais lle fagan unha proba de paternidade a o fillo sen o consentimento previo da nai.

    ResponderEliminar
  32. "Sempre convén reflexionar sobre os límites da tecnoloxía aplicada á Ciencia"

    ResponderEliminar
  33. "Temos que comprar máis boletos de lotería para que nos toque o Nobel"

    ResponderEliminar
  34. "É importante facer a ciencia e divulgala"

    ResponderEliminar
  35. "A Xenética é un libro con 3.300 millóns de letras"

    ResponderEliminar
  36. "O noso sistema educativo non esta ben preparado para a divulgación científica"

    ResponderEliminar