29 de nov. de 2012

Repaso do tema da "Relación" con Nubes de Tags

Como xa fixemos no tema 1 "A Célula" e no tema 2 "A Nutrición" deseñamos unha sesión de repaso para o terceiro tema da materia de Ciencias Naturais de 2º da ESO: "As Relacións".

Cada alumn@ tivo que encher un formulario no seu computador consistente en cumprimentar un campo co seu nome e cinco campos cada un cunha palabra, un concepto, un proceso,... que tivera que ver co que acabábamos de traballar na aula.

Utilizamos a mesma técnica que nas ocasións anteriores: Formulario (módulo webform) en Drupal e wordle.net como xerador de nubes de tags.

A nosa nube foi a seguinte (clic para ampliar):




Realizaremos un exercicio a través da sección de Comentarios para relacionar estes conceptos, clasificalos por temas, nomealos en determinados procedementos ... e reparar no que o grupo considerou que era "o importante".

Exercicio. Cos conceptos reflicitidos na nube de tags, elabora por parellas frases que conteñan (sinaladas en MAIÚSCULA) polos menos 3 desas palabras:

Exemplo:  O sistema NERVIOSO e o sistema ENDOCRINO encárganse das funcións do proceso de COORDINACIÓN.

25 comentarios:

  1. Andrea López e Florencia13:28:00, 30 de nov. de 2012

    Unha NEURONA encárgase de transmitir impulsos NERVIOSOS e reciben información doutras mediante as DENDRITAS.

    ResponderEliminar
  2. Paula García e Fátima Castro.13:29:00, 30 de nov. de 2012

    O FOTOTROPISMO,o HIDROTROPISMO e o XEOTROPISMO son respostas das PLANTAS ante os ESTÍMULOS.

    ResponderEliminar
  3. Os elementos da función de relación son: os ESTÍMULOS, os RECEPTORES, os COORDINADORES e os EFECTORES.

    ResponderEliminar
  4. Os RECEPTORES captan os ESTÍMULOS. Nos animais son os órganos dos SENTIDOS.

    ResponderEliminar
  5. Hai dous tipos de animais:VERTEBRADOS con ENDOESQUELETO e invertebrados en xeral con EXOESQULETO.

    ResponderEliminar
  6. As respostas das PRANTAS aos ESTÍMULOS son: os TROPISMOS e NASTIAS.

    ResponderEliminar
  7. Paula García e Fátima Castro.13:34:00, 30 de nov. de 2012

    As GLÁNDULAS do sistema ENDÓCRINO producen HORMONAS.

    ResponderEliminar
  8. O FOTOTROPISMO é un tipo de ESTÍMULO dentro do TROPISMO das PRANTAS

    ResponderEliminar
  9. Os animais conteñen dous sistemas de COODINACIÓN:
    Sistema NERVIOSO e sistema ENDOCRINO.

    ResponderEliminar
  10. Os animais VERTEBRADOS e INVERTEBRADOS posúen un aparello LOCOMOTOR.

    ResponderEliminar
  11. Os principais tipos de TROPISMO son: FOTOTROPISMO,HIDROTROPISMO,XEOTROPISMO e tignotropismo.

    ResponderEliminar
  12. A NEURONA contén unha especie de rabo, chamado AXÓN que conduce o impulso NERVIOSO a outros órganos.

    ResponderEliminar
  13. O aparello lOCOMOTOR dun VERTEBRADO consta de ENDOESQUELETO.

    ResponderEliminar
  14. Mario Castro e Diego Pereira13:39:00, 30 de nov. de 2012

    O aparello LOCOMOTOR forma parte da función de RELACÓN nos animais

    ResponderEliminar
  15. As HORMONAS vexetais son substancias químicas que COORDINAN as funcións vitais das PRANTAS.

    ResponderEliminar
  16. Paula García e Fátima Castro.13:40:00, 30 de nov. de 2012

    As respostas máis rápidas e simples do sistema NERVIOSO ante un ESTÍMULO chámanse REFLEXOS.

    ResponderEliminar
  17. Andrea López e Florencia13:41:00, 30 de nov. de 2012

    O sistema ENDOCRINO encárgase da COORDINACIÓN de diferentes funcións e ten glándulas que producen HORMONAS.

    ResponderEliminar
  18. As NEURONAS están formadas por DENDRITAS,AXÓNS e corpo celular.

    ResponderEliminar
  19. A FUNCIÓN do sistema ENDÓCRINO é producir HORMONAS que actúan como mensaxeiros.

    ResponderEliminar
  20. Ademais de sistema NERVIOSO existe o ENDOCRINO que está contituido por GLÁNDEULAS endocrinas

    ResponderEliminar
  21. As HORMONAS vexetais son substancias químicas que regulan e COORDINAN as funcias vitais das PRANTAS

    ResponderEliminar
  22. O sistema NERVIOSO dos VERTEBRADOS está formado por centros NERVIOSOS e NERVIOS

    ResponderEliminar
  23. A NASTIA e unha resposta pasaxeira de certos órganos da PRANTA como resposta a un ESTÍMULO externo.

    ResponderEliminar
  24. as NEURONAS teñen unha prolongación que se chama AXÓN.
    As súas agrupacións forman os NERVIOS.

    ResponderEliminar
  25. O sistema NERVIOSO é o conxunto de órganos CORDINADORES, reciben interpretan, elaboran respostas e trasmitenas os órganos EFECTORES.

    ResponderEliminar