1º da ESO
Entre as características do noso planeta, hai unha que nos chamou especialmente a atención polo pouco que sabíamos dela. Trátase do campo magnético, unha envoltura invisible que nos protexe das radiacións do exterior e que fai apuntar as brúxulas cara o Norte.
Este artigo do blogue Francis (th)E mule News explica de onde provén o campo magnético terrestre e fálanos de que algún día as brúxulas apuntaron cara o Sul. O artigo está baseado na intervención do autor do blogue, o profesor Francis Villatoro, no programa de radio La Rosa de los Vientos.
Exercicio. Achega un dato ou característica que captaras do programa de radio escoitado na clase.
Exemplo: O núcleo da Terra é do tamaño de Marte e núcleo interno é do tamaño da Lúa
O núcleo interno xira ao leste e moi rápido e o externo ao oeste mais lento
ResponderEliminarO campo magnético actúa de protector das radiacións nocivas que chegan do espazo.
ResponderEliminarO núcleo interior é sólida e a parte exterior é líquida.
ResponderEliminarO núcleo esta formado por ferro.Por iso se chama nife
ResponderEliminara especie humana sobreviviu a moitas inversións magnéticas do núcleo
ResponderEliminarO núcleo xira máis rápido ao oeste ca terra.
ResponderEliminaro núcleo esta en continuo movemento e forma o campo magnético
ResponderEliminarA Terra é unha estructura formada por capas: Codia, Manto, Núcleo
ResponderEliminarhai 700 millóns de anos o xeo cubriu a terra toda e produciuse unha glaciación global
ResponderEliminarO campo magnético terrestre e o que fai que as brúxulas cara o norte
ResponderEliminarO polo norte magnético esta en movemento.
ResponderEliminaro núcleo metálico da terra forma un campo magnético
ResponderEliminarChoveu durante millóns de anos e o 90% da superficie da Terra converteuse en auga.
ResponderEliminarNon se pode predecir a próxima inversión magnética
ResponderEliminarO campo magnético protexenos dos raios solares
ResponderEliminarHai 700 millons de anos houbo una gran conxelación cubrindo a terra
ResponderEliminarDentro de 2000 millóns de anos pararase o núcleo e desaparecera o campo magnetico
ResponderEliminarAs inversions magneticas da Terra non producen ningun feito caotico para o ser humano
ResponderEliminarO núcleo está dividido en dúas partes: Núcleo interno e núcleo externo. O seu movemento é o que xera o campo magnético.
ResponderEliminarO núcleo externo da Terra xira cara ao oeste.
ResponderEliminar