12/12/2012

Isto foi o RECITUITEADO

Con motivo da inesquecible xornada do 12/12/2012, montamos unha actividade en Twitter denominada O Recituiteado que pretendía complementar o conxunto de achegas dos máis de 200 centros educativos envoltos no evento #recitandocelsoemilio.

Xa tiñamos algo de experiencia con Tuiteando Partículas, e estamos moi satisfeitos do resultado desta segunda xeira. O hashtag iesdepalas atinxiu os 75 tuits e foi a 5º palabra máis usada entre todos os participantes. Alén diso, 5 rapazas e 1 rapaz do noso centro situáronse no top 25 dos tuiteiros/as máis activos deste evento mundial (chegaron tuits de todo o mundo!).

Parabéns a Andrea, Xulia, Miriam C., Miriam S., Fani e Carlos polo seu traballo. Aquí deixamos o primeiro recituiteado en lingua galega:

1 comentario:

  1. Xeila e Mario V.13:42:00, 14/12/2012

    noraboa polos twits que mandastes e por mencionar moitas veces o IES de palas

    ResponderEliminar