16 de dec. de 2012

Irán & Israel, We Love You

-->
por Unai (2º da ESO)
Neste vídeo que achegamos, Ronny, un home israelí normal e corrente, pai de familia e profesor, pide axuda á xente “normal” coma el, de todo o mundo. A súa historia é a seguinte:
Publicou unha imaxe no Facebook cunha mensaxe: “Iranís, non vos imos bombardear. Amámosvos”. Nesta imaxe dille a todo cidadán iraní que para que haxa unha guerra entre eles, primeiro teñen que se ter medo e teñen que se odiar. E tamén manifestou que el non lles ten medo, que non os odia, nin siquera os coñece, só coñeceu unha vez a un iraní e era unha bela persoa. Comenta que na televisión ve xente que fala de guerra, pero Ronny está seguro que non representa a toda a xente de Irán. Tamén di que en vintecatro horas a xente comezou a compartir esa imaxe no Facebook. En corenta e oito horas, persoas iranís responderon a esa imaxe con mensaxes para expresar tamén o seu amor por eles. Ronny quere que compartamos isto co resto do mundo e por outros medios diferentes ao Facebook.
Eu creo que Ronny quere acabar coa ameaza de guerra entre Israel e Irán. Isto paréceme unha fastántica idea para que a xente se mentalice coa situación na que se encontra o mundo actual. Ten razón, porque na sociedade non queremos que haxa guerra. Espero que a xente vexa este vídeo e comprenda o perigo da situación entre estes dous países. 



8 comentarios:

  1. Ronny nos tamen vos queremos :)

    ResponderEliminar
  2. Paréceme que o meu compañeiro Unai fixo un gran traballo sobre a opinión de Ronny,un israelí.Os meus parabéns a Unai!

    ResponderEliminar
  3. Ronny nos tamén estamos contigo. Ánimo e a seguir para diante.

    ResponderEliminar
  4. Ronny estamos contigo, sigue así.

    ResponderEliminar
  5. Ronny esta moi ben a mensaxe que queres trasmitirlle a todas as persoas

    ResponderEliminar
  6. Ronny estamos con tigo

    ResponderEliminar
  7. Paula García e Fátima Castro.10:08:00, 17 de dec. de 2012

    Ronny, dende Galicia tamén te apoiamos.Moito ánimo!

    ResponderEliminar
  8. Moi bon traballo Unai! Estamos contigo Ronny!

    ResponderEliminar