9 de maio de 2014

Finalistas do "Explícoche Matemáticas 2.0"

Despois dun duro traballo, conseguimos rematar o vídeo de 2 minutos de duración para o concurso Explícoche Matemáticas 2.0 que organiza o Servizo de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas.

Antes de máis, queremos agradecer esta iniciativa, tan necesaria desde que hai uns anos moitos profesores e profesoras tiveron que deixar de explicar matemáticas na nosa lingua a causa do Decreto do Plurilingüismo.

A relación de finalistas amosa un grande nivel nesta edición, e é un orgullo para o noso centro estar presente nela.

Moitos parabéns a Andrea, Xeila e Iván, do noso EDLG, excelentes actrices e actores que nos amosan o seu talento explicándonos dunha maneira orixinal e divertida a diferenza entre crecemento linear e exponencial.

Podedes valorar o seu traballo cun "Gústame" en Youtube.

1 comentario:

  1. Claudia Neyra 1ºB15:44:00, 9 de maio de 2014

    Parebéns por este video, está moi traballado e espero que gañedes... sorte.

    ResponderEliminar