19/05/2014

Festa das Letras Galegas


O venres 16 de maio o EDLG armou unha festa durante as dúas últimas horas de clase dirixida a todo o alumnado do centro. Foi a festa das letras, da pintura, da música e da poesía, aínda que tamén contou cun comezo de entrega de trofeos e diplomas. O acto foi conducido por Rosi Abreu e Andrea Ayaso.



En primeiro lugar, os alumnos Rodrigo González, Manuel Santos e Verónica Viña recibiron os trofeos como primeiros clasificados Torneo de Xadrez IES do Camiño 2014. O torneo foi organizado polo Dpto. de Matemáticas e o Equipo da Biblioteca. Participaron 40 alumnos/as e 4 profesores e xogáronse 100 partidas na fase previa e 16 nas eliminatorias.



A continuación Andrea Ayaso, Xeila Vázquez e Iván Arias (de xira teatral polo sur de España) recibiron o diploma como gañadores do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, do que se falará nun próximo post.

Estela Vizcaíno e Claudia Neyra que delegou en Nicolás Vázquez por estar tamén de xira leron as súas Esopías premiadas nos concursos de Agapema e a Fundación Barrié.



Entramos a continuación en materia para render homenaxe a Xosé María Díaz Castro. Escolleuse proxectar un resumo de 10 minutos do sensacional traballo "Telexornal Díaz Castro" realizado polo alumnado do CPI Os Dices de Rois.



A seguir deuse recitado a unha escolma de poemas no que interviu o alumnado da ESO no noso instituto o que nos achegou á obra do autor de Guitiriz.



No noso instituto nunca falla a música, e tivemos a actuación de pandereteiras, gaiteiros e cantareiras. Temos que agradecer especialmente a súa participación porque colaboraron con moi pouco marxe para preparar a actuación. Son artistas de moita calidade e demostrárono unha vez máis.



A sorpresa da xornada veu da man de profesor Toño Núñez e do ex-alumno David, os chamados Transos do Chousa de Velín (*). Recitaron a Díaz Castro e a outros poetas, e interpretaron pezas musicais que van desde Toñito de Poi a Suso Vaamonde. Todo un espectáculo que nos emocionou a todos.



Agradecemos a colaboración a todos e todas, no que un ano máis nos xuntamos para berrar, a nosa maneira, un Viva a Lingua Galega!

(*)  Erroneamente Chan de Valín nunha primeira versión do post

3 comentarios:

  1. Con esta xente nova, teremos mil primaveras máis para a nosa lingua

    ResponderEliminar
  2. Abofé que si, Inés. Pintura, poesía, música... Grande FESTA DAS LETRAS GALEGAS no IES do Camiño de Palas. Manuel... os trasnos non eran os do Chan de Valín, oh; da Chousa de Velín eran (jajaja). Si, HAI FUTURO! En nome do ENDL, GRAZAS A TOD@S!!!

    ResponderEliminar
  3. Iván Vázquez Casanova09:57:00, 16/06/2014

    Por máis dias así!

    ResponderEliminar