13 de mar. de 2013

Os Carballos de Laia


por Javier Ouro (1º ESO)

Na clase de matemáticas, no tema de proporcionalidade vimos un problema que relacionaba os anos das árbores co número de aneis concéntricos que tiña, estivemos dándolle voltas e un compañeiro sacou o conto de que había uns carballos en Laia, lugar do concello de Palas de Rei, que tiñan máis de cen anos e a partir diso empezamos a investigar:
  
Para chegar a eles, vas ao cruce de Palas, na rúa do Agro do Rolo, colles dirección Filgueira. Cando chegas a Filgueira dous quilómetros máis adiante chegas a Laia. Xa a primeira granxa que ves ao lado esquerdo e a que se chama a “Casa Grande”, e xusto aí, un pouco máis abaixo está o pazo.


O pazo de Laia encóntrase como ben di o nome en Laia. Conta unha compañeira nosa que viviu alí a súa infancia, que un día case afoga no bebedeiro das vacas ao caer alí (foi seu irmán quen a sacou do bebedeiro). Segundo di ela viviu un dos peores momentos da súa vida.

Os avós de Aitor, outro compañeiro, o seu pai e os irmáns de seu pai, estiveron de caseiros no Pazo de Laia. Conta o avó de Aitor que ten noventa anos que a xente contaba que ían buscar pedra para facer a “Casa Grande”. Os bois traballaban eles sós ían e volvían e descargaban alí.

O Pazo de Laia é unha edificación maciza, rectangular coa capela adosada no lateral. Na fachada Norte ten un escudo que recorda a unión que tivo coa casa se Tulla de Fontecuberta.

Actualmente o pazo non está habitado aínda que se conserva bastante ben.

Saquei estas fotos co meu móbil dos seus carballos centenarios para compartir no blog:





2 comentarios:

  1. felicitobos polo voso traballo;)jdkfbwei

    ResponderEliminar
  2. esta ben feito felicidades :)

    ResponderEliminar