por José Carballal (1º da ESO)
Na clase de ciencias estamos dando un tema sobre os seres vivos. E eu decidín facer un traballo sobre as microalgas.
As microalgas son microorganismos fotosintéticos que poden medrar de maneira autotrófica ou heterotrófica. En xeral son altamente eficientes na fixación de CO2 e utilización da enerxía solar para producir biomasa. Están presentes en todos os corpos de auga, como lagos, mares e ríos, pero non están só na auga. Encóntranse no solo e a maioría dos ambientes terrestres incluso nos máis extremos, o cal permite encontralas ampliamente distribuidas na biosfera e adaptadas a unha grande cantidade de condicións. Para o seu desenvolvemento requiren de carbono, nitróxeno, fósforo, potasio, magnesio e outros materiais menores como metais, os cales son esenciais porque actúan como cofactor de enzimas do metabolismo das microalgas.
Tamén se utilizan na agricultura para alimento de rotíferos.
O cultivo de microalgas a gran escala é un área de investigación para a producción de biocombustibles. Ao tratarse dunha técnica de alta eficiencia que non require de solo fértil nin de auga potable ademáis e unha enerxía renovable.
O diseño de sistemas de alta eficiencia e baixo coste para a producción intensiva de microalgas, chamados fotobiorreactores, é o primeiro paso para a súa utilización industrial e para a producción de biocombustibles de segunda xeración. Os sistemas de cultivo que se utilizan os fotobiorreactores son capaces de producir dez veces máis de biomasa por litro que coa técnica tradicional e só con 10 hectáreas de este cultivo podense conseguir óptimos volumes de biomasa.
![]() |
Fotobiorreactores para cultivar microalgas e facer biodiésel |
Ningún comentario:
Publicar un comentario