28/09/2014

Que a curiosidade continúe!


Na fotografía que encabeza o frame dereito deste blogue aparece Albert Einstein andando en bicicleta por un camiño guiado pola cuncha amarela que nos leva a Santiago. Este grande científico (personaxe do S XX para a revista TIME) inspirounos en varios artigos e é precisamente unha frase de Einstein o que mellor resume a súa esencia:

É un milagre que a curiosidade sobreviva á educación regrada

Eu só vexo milagres alí onde a xente traballa moito, onde a xente se ilusiona e termina apaixoándose por algo. Onde sacamos o mellor de nós mesmos. Para iso temos que atender á actualidade, acudir ao noso contexto, aproveitar cada pregunta para descubrir algo novo e relacionado con algo xa sabido. O que se pretendeu neste blogue foi dar un paso fóra da educación reglada, alentando a nosa curiosidade e respondend
o a mil preguntas que nos íamos facendo nas aulas. Foron dous cursos con 150 entradas, moitas delas escritas polo alumnado, que constitúen unha moi boa fonte de recursos educativos que xa estou empezando a usar no meu novo destino.

Tiña pendente este artigo do Progreso publicado no mes de xullo, onde se fala ademais do blogue, do alumnado de Palas de Rei, unha xente extraordinaria.

Unha aperta a todos os que vos achegastes algunha vez por aquí.
Que a curiosidade científica continúe!

Manuel Vilariño



1 comentario:

  1. Vaia ho, ao final non me deu tempo a preguntarche polo blogue no congreso de Agapema e mira ti... Aínda que conto con que algo farás aló ao norte...

    ResponderEliminar