27/04/2014

Feira Matemática e Premios MateBlogs

Este fin de semana tivo lugar no Palaexco na cidade da Coruña a xa tradicional Feira Matemática. Ano tras ano este evento se vai consolidando como unha cita ineludible para xoves e maiores amantes das matemáticas. Nesta ocasión vimos moitos centros educativos, moitos rapaces e rapazas amosando os seus traballos. Puidemos ver tamén o funcionamento de impresoras 3D, o desenvolvemento de Robots usando hardware libre, magos da Papiroflexia e ata unha moto da Policía.


Ademais de todas estas colaboracións, entregáronse os Premios Mateblogs, nos que o noso centro tivo unha participación destacada no apartado de Esopías. Unha esopía é unha composición poética na que o número de letras de cada palabra segue a secuencia do número π. É dicir, primeira palabra 3 letras, segunda 1 letra, 4, 5, 9, 6,...  e así. O número máximo de caracteres era, nesta ocasión, 140.

Esta foi a esopía gañadora na Categoría de Elección Popular, realizada por Claudia Neyra de 1º B do noso instituto.



Tamén tivo unha participación destacada a feita por Estela Vizcaíno, do mesmo curso.



Aquí vemos a Claudia recollendo un dos seus premios, xa que gañou outro na categoría de MatMonólogos.


Claudia recibiu a felicitación de Andrés Vázquez, o noso Director, que se desprazou ata Coruña para participar desta xornada.



Moitos parabéns a Claudia e Estela e a todo o curso de 1º B, moi implicado na promoción das súas compañeiras. E a seguir dándonos alegrías!

7 comentarios:

  1. Parabéns a todos os participantes, aos profes que se ilusionan e consiguen ilusionar, e especialmente a Claudia por eses dous premios.

    ResponderEliminar
  2. CANTA ALEGRÍA! POR CLAUDIA! POR ESTELA! POR MANUEL! POLA POESÍA! ALEGRÍA!!!

    ResponderEliminar
  3. Parabéns a Claudia e a Estela polo seu éxito no concurso !!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Moitas felicidades a Estela e a Claudia!!!

    ResponderEliminar
  5. Noraboa a Estela e Claudia. A seguir así rapazas!

    ResponderEliminar
  6. Parabéns a Claudia e Estela.

    ResponderEliminar
  7. Parabéns para Claudia e Estela e para os seus profes!

    ResponderEliminar